Material:
- Cartolina (mellor de dúas cores)
- Cinta adhesiva
*Se non tedes cartolina podedes usar folios de cor, xornais pintados ou revistas.
Preparación:
Facemos as pegadas coas cartolinas. O ideal é usar unha cor para o pe dereito e outro para o esquerdo. Pero se non tedes o material da igual, con que fagades a forma das pegadas chega.
Despóis pegalas con cinta adhesiva ao chan.
Xogo:
Empezade por un circuíto de pouca dificultade e ide complicándoa: saltandose algunha pegada para que teña que saltar ou dar pasos grandes, facer unha mesma liña de pes para ir á pata coxa, pes cruzados,... Todo o que se vos ocorra!
Outra idea é poñer en cada pe unha letra ou un número e ir dicíndoas mentres as vai pisando.
2. A CARRETILLA:
Serve para que os seus brazos tomen forza e melloren a psicomotricidade grosa.
Podemo facer que sexa máis divertido se á carretilla lle engadimos facer un crebacabezas con fichas fáciles de coller. Debe coller unha peza nun lado da casa, e levala facendo a carretilla ata o crebacabezas e colocala.
3. OS BOLOS:
Material:
- Bolos (poden facerse con botellas de plástico, de iogures,...) e poden decoralos se queren!
- Pelota pequena
Xogo:
Con este xogo traballan os brazos e as pernas no lanzamento. ademáis de aprender a coordinar os movementos para tirar o maior número de bolos posible.
Para dificultar o xogo botádelle algo de auga ou area para que teñan que facer máis forza (todo depende da dureza da pelota que teñan).
No hay comentarios:
Publicar un comentario