jueves, 30 de abril de 2020

SAUDIÑOS PARA OS PIRATIÑAS


MIRADE QUE PREPAROU NILDA PARA VOS:




UN GAME PARA OS PIRATIÑAS

TRÁTASE DE DESCIFRAR A CLAVE PARA ABRIR O CANDADO, A VER SE PODEDES!


NA PRIMEIRA DIAPOSITIVA TENDES UN AUDIO PARA ESCOITAR A EXPLICACIÓN.

BOTELLA DA CALMA

Reláxate e disfruta coa túa botella da calma


Necesitas:
1)Botella de auga transparente e de tamaño pequeno
2)Auga
3)Aceite corporal de bebé
4)Abalorios de colares, purpurinas,pompóns, gomas elásticas,botóns,cunchas, algodón (cousas que atopes na casa)
5)Colorante se queres cambiar a cor da auga
6)Pistola de silicona para pegar o tapón 

Como facer ?
-Bota  auga na botella ata a  metade.
-Se queres tingue a auga con colorante alimentario e cámbiaa de cor
-Mete dentro da botella os adornos
-Reenche  o resto da botella co aceite de bebé
-Tapa a botella e cunha pistola de silicona bótalle pegamento ao tapón.

RUTINAS MES DE MAIO

E de novo cambiamos o calendario!! Xa chegamos a Maio!

Espero que sigades facendo a tarefa do calendario, xa sexa por aquí ou con un creado por vós ou mercado. Recordade marcar os aniversarios e celebracións importantes para vós deste mes. Aproveito para recordar que este venres e luns é non lectivo.

Déixovos os enlaces, cunha nova actividade. Debemos facer unha estadística do mes de abril, contando cántos días fixo sol, cántos estivo nubrado e cántos choveu.








PEIXIÑOS-SOLUCIÓN Á PREGUNTA

Os peixes viven en máis lugares que no mar?
Escoitade a Sabela que nos da a resposta:

Moi ben Sabela.
Os peixes viven no mar e tamén nos ríos.
Na AUGA DOCE  e na AUGA SALGADA

Moi ben para todos os que adiviñastes!!!!

Como mañá non hai cole e o luns tampouco porque é festivo para o noso centro encárgovos un traballiño para o martes

Tedes que investigar preguntando na casa, mirando nalgún libro ou enciclopedia, ou no internet(pedide axuda)
1)Un peixe de auga doce 
2)Un peixe de auga salgada

Quédate con eles na memoria valos necesitar para outra actividade que faremos outro día.

PALABRAS DO REVÉS


LEVADES BEN O DAS PALABRAS DO REVÉS?


BO DÍA PIRATIÑAS!

HOXE TRABALLAMOS CON PLUMA AZUL:


PRIMEIRO REPASAMOS A LETRA



E LOGO COÑECEMOS Á TRIPULANTE DO STELLA MARIS




PEIXIÑOS-RUTINAS

1)Rutinas do calendario
-Marca que día é hoxe e que tempo vai. Hoxe é XOVES
-Identifica as letras do día da semana e como soa cada letra
-Escribe o teu nome e mira se ten algunha letra do XOVES
2)Rutina do nome
- Escribe o teu nome
-Conta as letras que ten
-Rodea a primeira letra
-Verbaliza dúas palabras novas escollendo a primeira e última letra do teu nome
Idea para traballar o nome:
Recorta de periódicos ou revistas as letras que forman o teu nome.
Fai un bonito collage.
Manda algunha fotiño da túa creación

ACTIVIDADE MIS+

Xa sabedes que no cole estamos a levar a cabo un proxecto chamado MIS+, co que pretendemos contribuír á consecución da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
(Déixovos a entrada da súa páxina https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/taxonomy/term/57)

Imagen relacionada

Dende este proxecto propóñennos a realización dunha actividade que consiste en ler un conto realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria, e facer un debuxo do mesmo. Aquí vos deixo as instrucións e o conto.



Unha vez feito debédesllo mandar ás titoras ao correo antes do 5 de maio.


CONTO: "TENGO UN VOLCÁN"

Preséntovos o libro "Tengo un volcán" de Míriam Tirado. É un conto para saber qué facer coa rabia. Axuda a pequenos e maiores a darse conta de cando sobe ese lume polo interior, sabendo que sempre temos o recurso para controlar e canalizar esa rabia que é a respiración.



ACTIVIDADE SOBRE O CONTO:
- Cómo se sinte a protagonista do conto? Qué cor de emoción representa tendo en conta "O monstro de cores"? (vermello: a rabia).
- Cando te sintes tí así? comenta coa túa familia diferentes situacións.
- Ficha. Preme na imaxe:
Rabia GIF - Enojado QuePiedra Furia - Discover & Share GIFs


Lagrimas Negras ......


E imaxinade...



UN DÍA, UN RETO. Día 25

Soñando sonrisas...: Acción! Tarjetas para psicomotricidad. giphy.gif (500×500) | Gifs, Infantiles

miércoles, 29 de abril de 2020

COMO TRABALLAN ESTES PEIXIÑOS!!!

David G. envióunos un pequeno vídeo xogando cunha manualidade que fixo e coa que pode xogar a encestar. 
ENTRENANDO PUNTERÍA!!!

Aitana traballa cos números


Sara traballa cun calendario moi chulo, que vai cambiando cada día

Carla , Thiago e David F. traballan día a día coas rutinas do nome




ADIVIÑA


PREME PARA VER A ADIVIÑA:



9°Día: Creación Libro Violeta






1° XOGAMOS A PREGUNTARLLE Á FAMILA: “ E TÍ, DE QUE ESTÁS FEITO? “( de auga , aire , terra ou lume)

2° XOGAMOS CO TEXTO (TOMAMOS COMO REFERENCIA O TEXTO QUE DESCRIBE A CADA MULLER PODEROSA. COMO É E CAL É O SEU OU OS SEUS SUPERPODERES)


A. DESCRIBIR DE XEITO ORAL Á SÚA MULLER PODEROSA.

B. ENTREVISTAR SE É POSIBLE A ESA MULLER.

C.  ESCRIBIR O TEXTO .


 ...O NENO/NENA AO SEU XEITO ( NIVEL)

O ADULTO  TRANSCRIBE A DESCRIPCIÓN  DA MULLER PODEROSA.

D. COMENTAR, PALABRAS, ESPAZOS, FRASES…
 




What's the Weather Like Today | Weather Song for Kids | The Kiboomers

PEIXIÑOS- CONTAMOS

Vamos contar  un pouco


Repasamos o número 1


1)Colorear soamente 1 peixe en cada pecera


2)Colorear un peixe vermello, outro azul, outro amarelo e outro verde


3)Pola parte de atrás facer moitos números 1


Outras actividades:

4)Moldear con plastilina o número 1

5) Escribir o número 1 en grande nun folio e completar o trazo con bolas de plastilina, fabas....

Idea divertida para traballar o trazo (números, letras, formas...)



Descarga a ficha

FELIZ MÉRCORES PIRATIÑAS!!!


CALENDARIO FEIT0?


PARA REMATAR ESTA SEMANA... IMOS VER COMO ESTAMOS DE AGUDEZA VISUAL E DE ATENCIÓN:

TRÁTASE DE COLOREAR DA MESMA COR QUE OS NÚMERO E FORMAS QUE APARECEN NA PARTE SUPERIOR DA FOLLA:



E UN POUQUIÑO DE MATEMÁTICA

ESTA ACTIVIDADE PODÉDELA FACER RECORTANDO OS DEBUXOS OU CON FIGURIÑAS DE PLASTELINA, SE NON QUEREDES IMPRIMIR.



BOTADE UNHA OLLADA ÁS DEMÁIS ACTIVIDADES DO BLOG, POR EXEMPLO O XOGO DE CARTAS DA TRIPULACIÓN DO STELLA MARIS, QUE O PODEDES FACER UN POUCO MÁIS DIFÍCIL SE QUEREDES, UTILIZANDO TODAS AS LETRAS, NON SÓ AS VOGAIS. (ETIQUETA ACTIVIDADES PARA 5 ANOS). SE NON PODEDES IMPRIMIRA AS CARTAS PODEDES FACER ALGUNHAS VOSOUTROS MESMOS!
OU A ACTIVIDADE DOS PUZLES

DISFRUTÁDEAS E APERTAS A TODOS


EDUCACIÓN EN VALORES: DEBUXO COOPERATIVO

Propóñovos unha actividade que aos de 6º de infantil lles gustou moito. Consiste en sentarse ao redor dunha mesa tod@s @s que estades na casa. Cada un terá un folio diante e usará unha soa cor (cada un unha diferente). Comezades o debuxo, e cada certo tempo acordado (por exemplo 5 minutos, xa que sodes poucos na casa) cambiades á cadeira que queda á vosa dereita (un encargarase do tempo). Finaliza cando cheguedes de novo ao voso debuxo. En que se convertíu? Era o que iades debuxar?

Déixovos unhas fotos d@s alumn@s de 5 anos.





















PEIXIÑOS-MÉRCORES

Onde viven os peixes?
Pois claro!!!!!, na AUGA
Moi ben para tod@s @s acertantes!!!
Descarga aquí a ficha

1)Colorea o lugar onde viven os peixes
2)Colorea os peixiños da ficha
3)Pola parte de atrás do folio escribe a resposta e localiza todas as letras A rodeándoas.
Pregunta para mañá:
Os peixes viven en máis lugares que no mar?
A investigar!!! Deixa a túa resposta no blogue




Mira este video aquí atoparás a resposta á pregunta.
Presta atención porque tamén conta moitas cousas que aprenderemos!!!

PEIXIÑOS-MÉRCORES


1)Rutinas do calendario
-Marca que día é hoxe e que tempo vai. Hoxe é MÉRCORES
-Identifica as letras do día da semana e como soa cada letra
-Escribe o teu nome e mira se ten algunha letra do MÉRCORES
2)Rutina do nome
- Escribe o teu nome
-Conta as letras que ten
-Rodea a primeira letra
-Verbaliza dúas palabras novas escollendo a primeira e última letra do teu nome
Xogo cos días da semana
DESCARGA OS DÍAS DA SEMANA
Imprimir dúas veces cada documento
Recortar os días da semana en galego e en castelán
O xogo consiste en facer parellas cos nomes que son iguais
Traballaremos:

  1. nomes curtos e longos
  2. a secuencia de letras(memoria)
  3. a letra pola que comeza
  4. os días da semana en galego e en castelán

Idea para traballar o nome

Os dous xogos poden formar parte das rutinas diarias.


UN DÍA, UN RETO. Día 24

Recursos para Educación Infantil: Recursos para trabajar Actividades de Psicomotricidad. arrastrar | Tumblr