INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS: 2ª AVALIACIÓN
Segundo as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 27 de marzo, dirixidas aos centros educativos de ensino non universitario, hai que realizar a avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado ata o momento no que se declarou o estado de alarma, polo que non serán avaliables as actividades realizadas polo alumnado con posterioridade esa data.
A entrega dos boletíns informativos da segunda avaliación, será de xeito telemático (dispoñibles o venres 3 de abril ás 14:00). Para iso, tedes que descargar a aplicación"Abalarmóbil" .
Se durante este proceso aparécevos unha mensaxe indicando que non hai ningún teléfono vinculado (tedes que ter o teléfono actualizado no centro), poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono 881 880 022 (de 10:00 a 13:00) ou no email ceip.sada@edu.xunta.es. (explicade o problema e poñer os datos completos do alumno/a e os vosos).
Podedes escanerar estes códigos QR para acceder á descarga. Facer clic na imaxe para acceder á Guía de uso de Abalar Móbil
Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un contrasinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario