Xa estamos de volta... nunhas circunstancias non desexadas, pero xa queda menos! Espero que nestes días seguírades facendo algo de exercicio, xa que é moi importante seguir mantendo o noso corpo activo.
A psicomotricidade grosa participa na elaboración e no desenvolvemento de todas as funcións mentáis: intelixencia, linguaxe, afectividade,... Por iso é importante que os nenos e nenas a pesar de estar encerrados nas súas casas intenten estar en movemento, con xogos que lles fagan correr e saltar.
Para iso propóñovos facer uns CIRCUÍTOS na casa. O ideal sería facelo por toda a casa, onde en cada espazo realizaran unha actividade. Se non é posible, buscade a zona que consideredes máis axeitada (un pasillo, un espazo no salón, terraza,...). Estes circuítos son traxectos con diferentes desafíos que os nenos e nenas deben percorrer seguindo un orde determinado.
Propóñovos algunhas ideas:
- Marcar con cinta un traxecto con diferentes curvas e obstáculos. Como obstáculos para sortear podedes poñer: xoguetes, botellas, latas de conserva,... Onde poderán facelo unha vez coas mans libres, a seguinte cunha pelota nas mans ou pes, levando algo na cabeza,...
- Zonas onde teñan que saltar obxectos ou pasar por debaixo deles, pasar por enriba de almofadas para traballar o equilibrio, gatear,...
- Destreza
- Zonas da casa con actividades concretas: xogos con globos, tirar da corda, sortear obxectos, meter obxectos cos pes nunha caixa, facer volteretas, saltar á corda,...
- Xogos coa pelota:
Espero que os poñades en práctica e vos gusten. A divertirse!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario