martes, 14 de abril de 2020

PEIXIÑOS!!!

OLA, PEIXIÑOS DA CLASE DE 3 !!!!! Que tal estades?

Aquí estamos de volta despois das vacacións de Semana Santa.
Como aínda non podemos volver ao cole, as profes deixarémosvos actividades aquí no blogue para que sigades aprendendo.
A clase dos peixiños vai ter un apartado no blogue que se chama "A CLASE DE DEYA". Aquí ireivos colgando diferentes actividades.
Repasaremos cousas e aprenderemos outras novas. Estate atent@!!!!!
As actividades son voluntarias, pero é moi importante dedicarlle unha pequena parte do teu tempo a algunha tarefa do cole. Así seguirás .aprendendo


ACTIVIDADES QUE PODES FACER TÓDOLOS DÍAS COMO RUTINA: (Pide axuda da familia)

1) É moi importante que seipades en que día estades, así que clica aquí e descarga o calendario do mes de abril. Marca no calendario que día é e debuxa o tempo meteorolóxico.
 Hoxe é MARTES. Podes marcar no calendario se hai algún cumpreanos este mes.
2)Identifica que letras ten o MARTES e como soa cada letra 
3)Escribe o teu nome e mira se ten algunha letra do MARTES
4)Conta as letras do teu nome e rodea a primeira
5)Verbaliza novas palabras con cada unha das letras do teu nome


OUTRAS ACTIVIDADES:
HOXE REPASAMOS O Nº1
Deixoche un video para ver como se traza o número 1



DESCARGAR FICHA Nº1

6)Conta cantas bolboretas hai na ficha. Repasa con ceras de cores o nº1.
Pola parte de atrás fai moitos números 1.
7)Colle algúns xoguetes pequenos e agrúpaos de un en un. Verbaliza:"un coche", "unha pelota"...
8)Moldea con plastilina o nº1. Repasa co dedo por enriba
9)Con fabas ou outra legume fai o trazo do número 1. Podes usar de plantilla a ficha anterior.

Anímate e manda fotos de como fas as actividades ao correo da clase ei4@sadaycontornos.es

Ata mañá!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario