lunes, 27 de abril de 2020

PEIXIÑOS-CARTAS DA TRIPULACION DO STELLA MARIS

Xa que estivemos traballando as vogais e como soan, déixovos unhas cartas do Stella Maris coas que poderemos facer un montón de xogos.
XOGO 1
Número de xogadores: ata 4 xogadores
Necesitamos unha bolsa na que metemos  papeliños coas vogais(En maiúscula)
As cartas por suposto
Como se xoga?
-Repartimos 3 cartas a cada xogador/a.
-O resto de cartas no centro da mesa nun montón.
-O que comece colle unha letra da bolsiña sen mirar e di cal lle tocou reproducindo o seu son.
-Pon sobre a mesa as cartas que teña con ese son ou letra
-Se non ten ningunha carta pode coller unha do montón
-Se segue sen ter carta para poñer, pode coller como máximo ata 2 máis e se non pode poñer, perde o turno e tócalle ao seguinte.
-Se poño carta sobre a mesa teño que coller máis cartas ata ter tres 3 na man.
-Cando se rematen as cartas do montón, se toca unha letra da que non pode poñer carta, pode coller letra ata 2 veces máis. E se segue sen poder poñer perde o turno.
-Gaña o xogador que remate as cartas. 


DESCARGA AQUÍ AS CARTAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario