lunes, 1 de junio de 2020

IOGA E MINDFULNESS

BO DÍA RAPACES E RAPAZAS! HOXE IMOS DEDICAR A SESIÓN AO IOGA E MINDFULNESS. QUE VOS PARECE? É UNHA ACTIVIDADE PARA TODA A FAMILIA.

O Ioga ofrece moitos beneficios nos nenos/as. Trátase dunha disciplina coa que logran o benestar para o seu corpo e mente, ademáis de axudarlle ao seu desenvolvemento físico e emocional.

1. Escondite Inglés de Ioga:

É o clásico xogo no que gaña o primeiro que chega á parede onde está contando o compañeiro que panda. Pero neste caso haberá que darlle un enfoque diferente. En lugar de "un, dous, tres escondite inglés" cantaremos "un, dous, tres unha árbore quero ver". Todos ao quedarse inmóviles deberán formar a postura dunha árbore, e aquel que non a faga no momento queda eliminado nesa ronda.

Summer Yoga Kids | Posturas | Sportlife
2. O xornal musical:

Neste xogo colocamos as follas dun xornal no chan (tantas como participantes xoguen) e poñemos música para que bailen. Cando pare a música deberán colocarse nunha folla formando unha postura de Ioga (que previamente acordaremos). Segundo avanza a actividade iremos retirando follas do chan, de forma que terán que compartir as que quedan e apretuxarse. Os que non consigan entrar nos xornais quedarán eliminados. Animádevos a xogar todos familia! Aquí vos deixo unhas posturas:

Super lámina POSTURAS YOGA PARA NIÑOS YOGA EN EL COLEGIO para tu ... UNA PROPUESTA DE INTERVENCIÓN DE YOGA CON NIÑOS/AS DE TRES AÑOS ... yoga-en-el-cole-5 - Orientación Andújar - Recursos Educativos yoga-en-el-cole-4 - Orientación Andújar - Recursos Educativos

3. Comendo froita con atención plena:

Ésta é unha técnica de Mindfulness ideal para potenciar a concentración dos máis pequenos. Trátase de preparar unha fonte con diversas froitas cortadas en anacos e darllas a probar dunha en unha, pero para iso deberán ter os ollos tapados! Deberán saborealas lentamente, como se nunca as comeran anteriormente e adiviñar de que froita se trata. Podedes aproveitar a hora da merenda!
GIF de manzanas. 100 imágenes animadas de estas maravillosas frutas

4. Traballando a confianza:

Desenvolver a confianza durante a infancia é a clave para a futura seguridade dos vosos fill@s. Para este xogo debemos vendarlle os ollos e que sexa guiado por outro. O ideal é facer este exercicio nun agradable e tranquilo paseo, como nun xardín ou unha senda. Se non é posible podédelo facer na casa. O que lle de as indicacións iralle descubrindo diferentes olores, sons, sensacións,...

Precious Moments | Calendarios | Tarjetas Postales de Navidad ...

5. Sesión Equilibrium




No hay comentarios:

Publicar un comentario