1. Tenis con globo
Realizar un partido de tenis na casa é posible sempre que o fagas con globos. Para crear as túas raquetas só necesitas dúas regras de plástico do cole pegadas a uns pratos de cartón ou plástico. Unha vez que teñas as raquetas delimita o terreo de xogo na habitación e divídea á metade, por exemplo, con cinta adhesiva. Os nenos e nenas pasarán unha entretida tarde facendo deporte casero e sen medo de que podan romper nada.
2. Proba de obstáculos
Aproveitade as raquetas creadas para pedir aos nenos/as que traten de manter un globo en equilibrio sobre elas mentres recorren unha habitación chea de obstáculos. O obxectivo é que non caia o globo ao tempo que superan todos os obstáculos no menor tempo posible. Para poñerllo difícil podes colocar almofadas, caixas de xoguetes e incluso facer que pasen por debaixo dalgunha mesa ou cinta colocada a unha altura intermedia.
3. Golpea o globo
Para este xogo colga algúns globos do teito, e os nenos/as deben saltar para tocalos. Podedes crear diferentes probas e puntuar para ver quén é o campeón ou campeona desa competición. Por exemplo, primeiro pedide que intenten tocalo cos brazos, baixádeo un pouco e intentade que o fagan coa cabeza. Incluso podedes facer que salten e traten de darlle algunha patada. O ideal é que haxa a varias alturas.
4. Carreira de sopridos
Crea un circuito no chan da habitación con pezas de construción ou cinta adhesiva. Fai que os nenos/as compitan cada un por un carril dese circuito cun globo que terán que mover con sopridos directos ou soltando aire cunha palliña. En ningún caso poderán tocar o globo. Se saen do circuito terán que volver ao punto de inicio e comezar o recorrido. Gaña o que chegue antes co seu globo.
5. Hockey globo
Materiais:
- Dous cestos de roupa ou dúas caixas
- Uns pequenos bastóns, unha vasoira de xoguete ou cualquer elemento cun mango longo
- Globos
Coloca un cesto a modo de portería en cada extremo da habitación. Pon todos os globos que teñas no centro, da a sinal de saída e deixa que os nenos/as corran dun lado ao outro mentres intentan meter dentro do cesto contrario todos os globos que podan. Podedes facelo con un integrante por equipo ou engadir máis competidores a cada un deles sendo un o porteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario