ACTIVIDADE 1: Velocidade de reacción.
Imos traballar a velocidade de reacción a través dun xogo con números, letras, debuxos, cores,... o que queirades! Traballando así de forma globalizada outros contidos. Deixovos o titorial onde se explica moi ben.
ACTIVIDADE 2: Forza - Resistencia do tren inferior.
Agora imos traballar a forza-resistencia do tren inferior. Esta actividade a podedes facer enteira hoxe para que a entendan, e outro día usala dentro dun circuíto que fagamos na casa.
Aquí a actividade a fan con rolos de papel de regalo, pero podemos usar paos, vasoiras, tubos de papel hixiénico ou churros de papel de xornal. Todo vale.
ACTIVIDADE 3: Abecedario co noso corpo
Coa axuda da vosa familia intentade representar as letras do alfabeto. Podédelo facer solos, ou mellor coa axuda dos vosos familiares, cantos máis sexades máis doado.
Podedes representar palabras, o voso nome... Ir sacando fotos a cada letra e logo facer a composición. Queda moi chulo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario