jueves, 7 de mayo de 2020

EDUCACIÓN EN VALORES: Emocións

Recoñecen as emocións? Déixovos un imprimible para que poidan formar diferentes expresións. O ideal é que as plastifiquedes, xa que é un material co que poden xogar e aprender ao longo do tempo.

Educación Preescolar - Jugando con las partes de la cara ...

IDEAS

- Xogo libre formando diferentes caras, que experimenten
- Dicímoslle unha expresión e deben representala
- Representámola nós e deben adiviñala
- Podemos facer un dado de emocións e segundo saia unha deben facela
- Relacionar as caras co libro "O monstruo de cores"

Parece sinxelo, pero xa veredes cómo lles é moi dificil formar algunhas emocións. Identificando qué boca, cómo colocar as cellas, que ollos poñer,... Xa nos diredes!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario