Déixovos aquí un conto precioso sobre a asertividade.
Qué é a asertividade?
É unha habilidade social que nos permite dar a nosa opinión e ser críticos coa dos demáis, sen facerlles dano a eles nin sentirnos culpables nós, expresando de forma axeitada as nosas emocións.
Permite aos nenos e nenas:
- Expresarse sen deixarse levar polos demáis
-Aprender a dicir que non e aceptar un non
- Aprender a escoitar ao outro e respetalo
- Identificar os seus propios sentimentos e o dos demáis
- Evitar e responder á intimidación
- Discrepar respectuosamente ás opinións dos outros/as
- Negociar con outros/as
ACTIVIDADES SOBRE O CONTO
Qué vos parece se facemos o noso Pepincho? Déixovos algunhas ideas... con escarvadentes, pipas, grans de café,...
Ou en plano... con papeis de cores, cun prato de papel, con follas, la, pinzas...
Déixovos outras actividades para traballar a asertividade con eles/as:
1. O buzón de sentimentos: Este xogo axuda ao neno/a a expresar os seus sentimentos de forma axeitada. Por qué non poñer un buzón de sentimentos na casa onde poidamos expresar cómo nos fixo sentir unha situación? Pode ser con palabras ou debuxo. O fin de semana podemos ver e ler todas as mensaxes. O importante é que todos comecemos dicindo... "Eu sentinme... cando..."
2. Cinco minutos bos ou malos: Outra forma de poder expresar os nosos sentimentos é facer o xogo dos 5 minutos bos e malos. A min persoalmente gústame moito esta actividade e leva moi pouquiño tempo. É tan sinxelo como reunir á familia un ratiño cada día para que todos poidamos falar de cómo nos foi o día, dicindo unha cousa que nos gustou e outra que non nos gustou en absoluto. Requisito: mirarse aos ollos. O ideal é que sexa sempre á mesma hora, como unha rutina. Pode ser por exemplo despois dos aplausos ás 20h, antes de ir para a cama,...
3. O conto encadenado: Este xogo axuda á resolución pacífica de conflitos. Debemos contar unha historia onde todos pensedes formas de resolver conflitos. O único requisito será que o protagonista se enfrente aos problemas de forma non violenta. Por exemplo... "Aquela mañá Marco non quería ao cole porque Marta..."
Dende hai unhas semanas, en lugar de conto antes de durmir, contolle unha historia á miña filla na que os personaxes principáis son os compañeiros/as de clase, e onde hai sempre un problema e unha solución que buscar. Ela mesma dime os protagonistas de ese día, pensamos o problema, e vamos contando a historia buscando solucións. Gústalle moito porque é unha forma de recordar aos seus compis. Para darlle máis emoción cada noite vén unha fada que lle comunica o problema que hai na súa clase... A ela porque lle encantan esas cousas!! Pero podedes buscar a vosa historia!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario