Bo día!
Xa estamos na SEMANA DO LIBRO! E aínda que sigamos encerrados nas nosas casas... queremos compartila con vós. Por iso ao longo desta semana proporemos moitas actividades relacionadas cos libros, contos e demáis.
- Cada día haberá unha adiviña sobre un conto, tédelo que adiviñar e escribilo en comentarios.
- Proporemos unha actividade diaria relacionada cos libros/contos.
- Haberá un conto cada día relatado por unha das vosas mestras. A quén lle tocará hoxe? 😎
Se vos apetece e queredes compartir algunha das vosas actividades con nós, mandádello á vosa titora (traballos, fotos,...). Estamos en contacto 😉 Boa semana do libro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario