1)Rutinas do calendario
-Marca que día é hoxe e que tempo vai. Hoxe é MÉRCORES
-Identifica as letras do día da semana e como soa cada letra
-Escribe o teu nome e mira se ten algunha letra do MÉRCORES
2)Rutina do nome
- Escribe o teu nome
-Conta as letras que ten
-Rodea a primeira letra
-Verbaliza dúas palabras novas escollendo a primeira e última letra do teu nome
Xogo cos días da semana
DESCARGA OS DÍAS DA SEMANA
Imprimir dúas veces cada documento
Recortar os días da semana en galego e en castelán
O xogo consiste en facer parellas cos nomes que son iguais
Traballaremos:
- nomes curtos e longos
- a secuencia de letras(memoria)
- a letra pola que comeza
- os días da semana en galego e en castelán
Idea para traballar o nome
Os dous xogos poden formar parte das rutinas diarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario