jueves, 16 de abril de 2020

EDUCACIÓN EN VALORES: EMOCIÓNS

Bo día!!

Estades a falar diariamente das vosas emocións? É moi importante que lles dediquedes un anaquiño a falar sobre elas, o que vos facilitará expresalas cando o necesitedes nalgunhas situacións máis complicadas. Necesitamos ter ordeadas as nosas emocións para poder comprendelas, e comprender así o que estamos a sentir nese momento.

Na aula fixemos unha actividade axudando ao Monstro de cores a organizar as súas emocións. Deixo aquí algunhas FOTOS nas diferentes aulas (realizada na sesión de Educación en valores).

De qué color te sientes hoy? (clica encima) | Monstruos, Monstruo ...

                                       3 anos         4 anos         5 anos


Propóñovos que engadamos unha actividade máis ao CALENDARIO... Cada día, ademáis de tachar o día anterior, debuxar o tempo e escribir a data... Vos propoño que pensedes en cómo vos sentides nese momento e rodeedes o número da data coa cor que representa esa emoción:

        Actividad 5: Cuento " EL MONSTRuO DE COLORES" - Webquest Las emociones         anananados: El Monstruo de colores


Outra forma de facelo sería fabricando uns botes das emocións e expresar cada día de forma oral cómo nos sentimos. Unha idea...

El Monstruo de Colores 
Podemos facelo con 6 botes, enchendo cada un dunha emoción. Podemos enchelos con papeis de cores, con auga mesturada con témpera ou con auga con colorante.



Déixovos aquí un CREBACABEZAS sobre as emocións para que o creedes. Debedes completalo representando todas as emocións, recortalo e a xogar!!! (Se tedes plastificadora vos aconsello que o plastifiquedes, poden darlle uso en moitos momentos).

                                                    Puzzle-Emocional-Monstruo-de-Colores-PORTADA2 - Trebolito

No hay comentarios:

Publicar un comentario