jueves, 16 de abril de 2020

CONTANDO, CONTANDO


Cuns sinxelos materiais podes facer un xogo para practicar a contar
Necesitas:

1)Unha oveira baleira
2) Elementos para contar: fabas, boliñas de papel, boliñas de papel de aluminio, boliñas de plastilina, botóns, pompóns.... cadaquén o que se lle ocorra.
Cun rotulador  escribe os números do 1 ao 10 nos ocos da oveira.
 Tes que elixir dous números repetidos para os dous ocos que che quedan libres, cales elixes ti?
COMO SE XOGA?
Tes que encher os ocos da oveira con tantos elementos como indica o número.
Podes poñer os números desordenados para facer o xogo máis difícil!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario