lunes, 20 de abril de 2020

ACTIVIDADE 1 DO DÍA DO LIBRO

Para esta semana propóñovos nada máis e nada menos que facer un conto. Se tedes irmáns incluso podedes facelo entre todos, facendo cada un unha páxina do conto inventando cómo continualo. Despóis podedes plastificalo, encanutillalo,... (cando superemos a cuarentena) e quedaranos de recordo para sempre, formando parte da nosa biblioteca de casa.

Outra idea diferente sería a de facer un conto infinito!! Sabedes o que son? Consiste en elaborar unha especie de desplegable con so dous folios. As posibilidades de poder desplegalo non rematan nunca, porque sempre podes volver a empezar. Só o texto que escribas pode delimitar o final, pero se non ten texto a secuencia pódese repetir continuamente. Déixovos un vídeo para a súa elaboración:


No hay comentarios:

Publicar un comentario