miércoles, 6 de mayo de 2020

PEIXIÑOS- PEQUEN@S INVESTIGADORES/AS

Como sabedes estamos na estación da primavera.
Que cousas sabes da primavera?
Anímate e envíanos un vídeo cortiño falando das cousas que ti sabes sobre ela.
Coma sempre ao correo da nosa clase ei4@sadaycontornos.es
Mañá faremos algo relacionado coa primavera

BUSCÁNSE YOUTUBERS!!!!













Conto: "Si yo tuviera una púa"

Déixovos aquí un conto precioso sobre a asertividade.



Qué é a asertividade?

É unha habilidade social que nos permite dar a nosa opinión e ser críticos coa dos demáis, sen facerlles dano a eles nin sentirnos culpables nós, expresando de forma axeitada as nosas emocións.

Permite aos nenos e nenas:

- Expresarse sen deixarse levar polos demáis
-Aprender a dicir que non e aceptar un non
- Aprender a escoitar ao outro e respetalo
- Identificar os seus propios sentimentos e o dos demáis
- Evitar e responder á intimidación
- Discrepar respectuosamente ás opinións dos outros/as
- Negociar con outros/as




ACTIVIDADES SOBRE O CONTO

Qué vos parece se facemos o noso Pepincho? Déixovos algunhas ideas... con escarvadentes, pipas, grans de café,...

  Cómo preparar un Simpático Erizo de Plastilina | Actividades ...  Manualidades De Los Niños Erizo De Café Foto de stock y más banco ...

Ou en plano... con papeis de cores, cun prato de papel, con follas, la, pinzas...

✄ERIZO DE PAPEL 🦔MANUALIDADES PARA NIÑOS - YouTube  Manualidades de otoño para hacer con los niños; un erizo! Un erizo muy simpático con lana - Actividades infantil Manualidades con mis hijas: #Retoinfantil: Erizo de pinzas

Déixovos outras actividades para traballar a asertividade con eles/as:

1. O buzón de sentimentos: Este xogo axuda ao neno/a a expresar os seus sentimentos de forma axeitada. Por qué non poñer un buzón de sentimentos na casa onde poidamos expresar cómo nos fixo sentir unha situación? Pode ser con palabras ou debuxo. O fin de semana podemos ver e ler todas as mensaxes. O importante é que todos comecemos dicindo... "Eu sentinme... cando..."
2. Cinco minutos bos ou malos: Outra forma de poder expresar os nosos sentimentos é facer o xogo dos 5 minutos bos e malos. A min persoalmente gústame moito esta actividade e leva moi pouquiño tempo. É tan sinxelo como reunir á familia un ratiño cada día para que todos poidamos falar de cómo nos foi o día, dicindo unha cousa que nos gustou e outra que non nos gustou en absoluto. Requisito: mirarse aos ollos. O ideal é que sexa sempre á mesma hora, como unha rutina. Pode ser por exemplo despois dos aplausos ás 20h, antes de ir para a cama,...
3. O conto encadenado: Este xogo axuda á resolución pacífica de conflitos. Debemos contar unha historia onde todos pensedes formas de resolver conflitos. O único requisito será que o protagonista se enfrente aos problemas de forma non violenta. Por exemplo... "Aquela mañá Marco non quería ao cole porque Marta..."
Dende hai unhas semanas, en lugar de conto antes de durmir, contolle unha historia á miña filla na que os personaxes principáis son os compañeiros/as de clase, e onde hai sempre un problema e unha solución que buscar. Ela mesma dime os protagonistas de ese día, pensamos o problema, e vamos contando a historia buscando solucións. Gústalle moito porque é unha forma de recordar aos seus compis. Para darlle máis emoción cada noite vén unha fada que lle comunica o problema que hai na súa clase... A ela porque lle encantan esas cousas!! Pero podedes buscar a vosa historia!!

BO DÍA PIRATIÑAS


CÓMO LEVADES A PÁXINA DA VOSA MULLER PODEROSA?

XA ME CHEGARON VARIAS. CANDO AS TEÑAMOS TODAS XA AS MOSTRAMOS PARA QUE AS VEXADES.

HOXE É MÉRCORES E TOCA PRESTAR MOITA ATENCIÓN E NON DESPISTARSE, PREPARA AS CORES!





SE QUEREDES TRABALLAR MÁIS ESAS CABECIÑAS PODEDES PREMER NA ETIQUETA DE: COMPETENCIA MATEMÁTICA, XA VEREDES COMO VOS GUSTA!

TEDES O CONTO DE : "TENGO UN VOLCÁN" NA SECCIÓN DOS CONTOS.

DEICA MAÑÁ!

SUMAS PARA OS PIRATIÑAS


A ver se vos gusta este novo modelo de ficha interactiva, non tedes que imprimir nada!
e así tamén sumaredes destreza no uso da tecnoloxía!





CANDO A TERMINEDES:

Premede en: "enviar mis respuestas a mi profesora" e xa os salen as correcións.
Pedirá o nome, curso (6ei) e materia (poñedes Lóxica) e logo o meu correo: ei6@sadaycontornos.es 

UN DÍA, UN RETO. Día 27

  Gif Flamenco Rosa levantando pata, gifs e imágenes animadas

Peixiños- MÉRCORES


Quen adiviñou o nome dos peixes de onte?

O primeiro peixe chámase DORADA e vive no mar. 
O mar ten a auga SALGADA

O segundo peixe é unha TROITA e vive no río.
O río ten a auga DOCE como a que bebemos.



DESCARGA A FICHA
1)Pide axuda para recortar os nomes e fotos da terceira páxina do documento.
2)Pegar cada etiqueta ao lado da imaxe que corresponde e os peixes ou no mar ou no río, dependendo de onde vivan.
3)Traballar os nomes MAR- RIO-DORADA-TRUCHA (de maneira oral)
-Por que letra comezan (reproducir o son)
-Cantas letras ten cada palabra
-Cantos golpes de voz
-Onde pon RIO? Onde pon MAR? Por que o sabes? RIO comeza polo son rrrrrrr e mar comeza polo son mmmmmmmmmmmmm.
3)Colorea as paisaxes
4)Escribir por detrás do folio a palabra MAR e RIO