1)Rutinas do calendario -Marca que día é hoxe e que tempo vai. Hoxe é MÉRCORES -Identifica as letras do día da semana e como soa cada letra -Escribe o teu nome e mira se ten algunha letra do MÉRCORES 2)Rutina do nome - Escribe o teu nome -Conta as letras que ten -Rodea a primeira letra -Verbaliza dúas palabras novas escollendo a primeira e última letra do teu nome SABERÍAS ESCRIBIR O NOME DUN COMPAÑEIRO E DUNHA COMPAÑEIRA DA CLASE?
Mirade que traballos máis chulos fixeron. As portadas do noso proxecto sobre os peixes para crear un libro con todas as cousas que aprendemos
Algunhas das páxinas do noso libro Onde viven os peixes? Todos os nenos/as da clase dos peixiños saben onde viven os peixes. Mandaron vídeos e moitas contestacións ao correo da clase.
Traballamos cos números. Contamos peixes
Investigan cousas dos peixes e participan das preguntas que facemos no blogue
Carla escribe as súas investigacións
Arnela investigando sobre un peixe de rio e outro de mar
Irene tamén investigou sobre peixes de mar e de río
1. PUNTERÍA DE CORES Material necesario: - Papeis de cores (folios, cartolina, folios pintados,...o que atopedes!) - Obxectos que non roden Xogo: Colocamos as cartolinas de cores no chan e damos instrucións para que lancen o obxecto a unha ou outra cor. Variante: poñer nas follas en lugar de cores números ou letras, e así traballar estes conceptos. Con esta actividade traballaremos a destreza nos lanzamentos.
2. IMITAR ANIMÁIS Trátase de imitar os movementos dos animáis, traballando así a psicomotricidade grosa. Axudádelle a representalos. A ver quen o fai mellor! Por exemplo, animádeo/a a ser unha pequena eiruga: tumbándose no chan, e co apoio de brazos e pernas facer forza para elevar o peito mentres avanza.
Outro animal que poden representar é o gorila, camiñando en cuclillas mentres golpean o peito coas mans, traballando así o equilibrio.
Unha terceira idea sería camiñar coma un canguro, con pequenos saltos.
Todo o que se vos ocorra! E eles tamén poden pedir!!! ou xogar a que o adiviñedes!! jejejeje
3. EQUILIBRIO SOBRE BANCO
Se tedes un banco na casa podedes facer que os vosos fillos e fillas exerciten as pernas, a coordinación e o equilibrio propoñendo que camiñen sobre él sen caerse. De non ter un podedes crear liñas no chan e que os nenos e nenas as sigan sen saírse.
VÍDEO SOBRE OS EXERCICIOS MARCADOS NESTAS DÚAS ÚLTIMAS SESIÓNS
Se non tedes dado, podedes facer un cubo con plastilina e marcar os puntos do (1 ao 6) en cada unha das súas caras.
TAMÉN PODEDES XOGAR COAS PALABRAS DA ADIVIÑA DE HOXE:
- ESTA SEMANA TRABALLAREMOS A LETRA "D", POLO QUE PODEDES BUSCAR A PALABRA QUE LEVA ESA LETRA. E PENSAR PALABRAS QUE TEÑAN A LETRA "D". E SE CAMBIADES ESA PALABRA POR OUTRA, CÓMO QUEDA A ADIVIÑA?
- CONTAR AS LETRAS QUE TEÑEN ALGUNHAS PALABRAS E OS GOLPES DE VOZ.