martes, 5 de mayo de 2020

PSICOMOTRICIDADE

1. PUNTERÍA DE CORES

Material necesario:
- Papeis de cores (folios, cartolina, folios pintados,...o que atopedes!)
- Obxectos que non roden

Xogo:
Colocamos as cartolinas de cores no chan e damos instrucións para que lancen o obxecto a unha ou outra cor.
Variante: poñer nas follas en lugar de cores números ou letras, e así traballar estes conceptos.

Con esta actividade traballaremos a destreza nos lanzamentos.


JUEGO DE LANZAR: Juego grande de lanzamiento. Perfecto para ...

2. IMITAR ANIMÁIS

Trátase de imitar os movementos dos animáis, traballando así a psicomotricidade grosa. Axudádelle a representalos. A ver quen o fai mellor!

Por exemplo, animádeo/a a ser unha pequena eiruga: tumbándose no chan, e co apoio de brazos e pernas facer forza para elevar o peito mentres avanza.


Actividades para trabajar la motricidad gruesa

Outro animal que poden representar é o gorila, camiñando en cuclillas mentres golpean o peito coas mans, traballando así o equilibrio.

Unha terceira idea sería camiñar coma un canguro, con pequenos saltos.

Todo o que se vos ocorra! E eles tamén poden pedir!!! ou xogar a que o adiviñedes!! jejejeje


3. EQUILIBRIO SOBRE BANCO

Se tedes un banco na casa podedes facer que os vosos fillos e fillas exerciten as pernas, a coordinación e o equilibrio propoñendo que camiñen sobre él sen caerse. De non ter un podedes crear liñas no chan e que os nenos e nenas as sigan sen saírse.

Simone Biles | Gif divertidos, Gifs y Deportes



VÍDEO SOBRE OS EXERCICIOS MARCADOS NESTAS DÚAS ÚLTIMAS SESIÓNS





No hay comentarios:

Publicar un comentario